Pollença, un destino turístico de primeiro nivel, é unha poboación da Illa de Mallorca, na Comunidade Balear, de 20.000 habitantes. Caixa Pollença, fundada en 1880, aparece sempre no último lugar dos listados e rankings de caixas de aforro españolas, por contar cuns activos de só 344 M € (La Caixa ten 280.000 M €, Caja Madrid 228.000 M € e Novacaixagalicia 78.000 M €). Ou sexa, o seu tamaño equivale ao 0,0012 de La Caixa, ou ao 0,0044 de Novacaixagalicia. Onte saía no telexornal o Director Xeral de Caixa Pollença explicando que eles non teñen ningún problema para cumprir coas novas esixencias impostas polo goberno de España -8% de core capital- e que, polo tanto,...